Valores do pronome se

 

  • Reflexivo: a persoa que realiza recibe a acción (O xastre fíxose un traxe para a festa). En galego o reflexivo non ten nunca función de Complemento indirecto, así non son posibles en galego construccións *Laveime as mans.

 

  • Recíproco: os dous suxeitos realizan a acción entre eles (Escríbense cartas a miúdo)

 

  • Pronominal: o verbo esixe a presenza dun pronome reflexivo, neste caso forma parte do verbo (Pórtate ben)

 

  • Impersoal (impersoal activa): o pronome marca a impersonalidade da construción -sempre é unha construción unimembre), non desempeña ningunha función sintáctica no enunciado (Neste lugar trabállase ben)

 

  • Pasiva reflexa (impersoal pasiva): son moi semellantes ás anteriores só que son sempre contrucións que contan con suxeito e predicado (Véndese automóbil antigo).

 

Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed.