Traballando cos campos semánticos

Utilizando 15 termos dun dos campos semánticos que traballamos nas actividades debes facer unha historia con un mínimo de 150 palabras. Debes deixalo como comentario antes do luns ás 9.30.

Both comments and pings are currently closed.

15 Responses to “Traballando cos campos semánticos”

  1. Emilio Carrera Crespo dice:

    Onte estiven de visita a un zoolóxico coa miña familia e paseino verdadeiramente ben. Nada mais entrar, o primeiro que chamoume a atención foron os golfiños que estaban facendo unha demostración das súas habilidades cos seus adestradores acompañados por baleas e algún que outro león mariño.
    Despois dirixímonos cara a zona dos tigres e leóns que xusto nese intre estaban dándolle de comer. Tamén chamoume a atención os elefantes porque era a primeira vez na miña vida que vira cos meus propios ollos un animal desa especie e tamén correndo polas ramas dunha arbore puiden observar un esquío . Uns metros mais lonxe dos elefantes estaban as xirafas comendo as follas fas arbores grazas ao seu longo pescozo.
    Xa pola tarde despois de comer unha boa caldeirada de carne de porco e de cordeiro dirixímonos a visitar os osos que estaban preto da alambrada que os cubría. Eran uns animais moi grandes, mais do que me imaxinaba, e tiñan unhas zarpas moi afiadas capaces de te matar.
    Por ultimo dirixímonos cara a zona das aves e vimos sobrevivir un aguia real por riba nosa. Nesa zona había un embalse con moitas de especies nel como por exemplo cisnes, patos, gansos…
    Despois de visitar as aves xa nos marchamos para a nosa casa e, sen dúbida, foi unha gran experiencia a que tiven hoxe no zoolóxico.

    NOTA:8

  2. Patricia Barros dice:

    Campo semántico dos fenómenos meteorolóxicos .

    Fai xa unha hora e media que espero na estación polo ferrocarril destino o inferno. É unha maña de finais de novembro con cheiro a chuvia, empézase a notar a entrada do inverno. Vai frío, e nin sequera co groso abrigo do uniforme son capaz de entrar en calor. Escoito atento agardando calquera son que poda provir dun destes xigantes de aceiro aproximándose mentres observo desaparecer as vías na densa néboa. Ó meu redor, familias e outros militares que coma min esperan en silencio coa mirada perdida recordando mellores épocas. Lémbrome ou máis ben intento lembrar a sensación de liberdade a principios de verán cando nos meus plans aínda estaba en pé o de estudar medicina na Universidade de Berlín. Debo admitir que son un fiel crente das supersticións, pero nunca cheguei a pensar que a forte treboada de mediados de agosto, a cal chegara a partir árbores cos seus fortes ventos e dioivos acompasados con algún que outro lóstrego, podería significar semellante mal agoiro. Intento esquecer o momento no que o enviado do Führer veu comunicar o meu recrutamento a finais de outono, o cal prohibíame comezar os meus estudos en setembro segundo unha orde. Nese momento acabaran de escampar os chuvascos que estiveran asexándonos durante días e días de maneira continuada, ata provocar inundacións da magnitude da que estaba a sufrir o meu corazón nese intre. Todos meus soños e aspiracións de futuro acabaran de ser totalmente desbaratados e arrincados coma se de un doce a un meniño se tratara e substituídos polo capricho imperialista dun home chamado Hitler de gañar un par de metros alleos. Dende ese día vivo sen ganas, sen ilusións, cunha turbia imaxe do que me espera. Cada vez vexo os días máis nubrados e escuros aínda que o sol brille no alto do ceo. Velaí escoito o berrar do cómplice que ven a por min e a polos demais “sendesexos” uniformados que a partir de agora serán meus compañeiros nesta longa e sombría viaxe.

    NOTA:9

  3. José Rodríguez Tobío dice:

    (…) pareceume unha tarde moi longa, e agora atópome escribindo isto, nun pavillón deportivo que a Garda Civil nos proporcionou aos afectados polo xigantesco incendio que azoutou a nosa vila, Vilaenmedio. Non sei se darei borrado esas terribles imaxes da miña cabeza, o noso fogar, os nosos montes cheos da maior variedade de árbores que te podas imaxinar querido lector, repletos de acacias, acibros, carballos, ameneiros, piñeiros, castiñeiros…, xa só formarán parte do meu pensamento. Non só desapareceron as máis comúns como as que che acabo de nomear, senón outras menos abundantes por estas terras coma son buxos, teixos e faias. Todo desapareceu en moi pouco tempo, pero puidemos salvar un pequeno invernadorio repleto de árbores froiteiras: maceiras, pereiras, pexegueiros, laranxeiros, limoeiros…
    Nesta noite, que xa está a pasar, máis lenteamente do que a min me gustaría, gustaríame pedirche a ti, querido lector, que te solidarizases co noso pobo e que nos axudes na repoboación dos nosos montes. Non será un traballo moi duro, xa que contamos coa participación de moitos membros da Garda Civil e do Exército, que nos axudarán neste labor, pero cantos máis sexamos, mellor. Os membros da unidade de repoboación do Exército dixéronnos que primeiro habería que empezar a plantar árbores de rápido crecemento, coma por exemplo os eucaliptos, e que despois dun tempo, xa poderíamos comezar a voltar a plantar as árbores autóctonas tan características deste noso fogar. Moitas grazas polo teu tempo e a túa solidaridade, agardámoste!

    NOTA:9,5

  4. Irene Estévez Villanueva dice:

    Noite escura e fría. Encóntrome tombada na miña cama. Poño a radio, que me serve de compañeira. De súpeto escoito un son que provén do faiado. Salgo ás escondidas do cuarto. Escóndome no baño por se ocorrese algo, e cando souben que estaba despexado saín sen facer o menor ruído e fun á cociña. Unha vez alí fun coller un tarro de pasta, mais no seu interior gardaba unha arma. Collina e me acerquei ó comedor a mirar pola ventá se había algún coche aparcado na entrada. Non o había, entón decidín subir as escaleiras. Na man dereita levaba a arma e na esquerda unha lanterna. Cheguei ó derradeiro chanzo. Agarrei a pistola con máis forza e iluminei o corredor. Avancei a modiño e, o chegar a porta do faio empuxeina con delicadeza. Acendín a luz e non vin nada estraño, soamente un paxariño perdido que tropezaba contras as paredes. E cando din a volta para marchar alguén agarroume con violencia polo pescozo e tapoume a cabeza cun saco.

    NOTA:9

  5. Marta Ferreira dice:

    XOGO DE MEIGAS
    De cando en vez oía aquel son, desagradable, fervendo coma un trono na miña mente. Perturbábanme todas esas sensacións. De cando en vez só ía frío.
    Recordo as súas caras. Aqueles rostros carecentes de expresión. O cuarto baleiro, inundado por un mar de bágoas arrepentidas, impotentes, decepcionadas.
    Eles non podían entenderme. Quen, se non a vida, describiríame o derradeiro precipicio polo que descendería a miña alma sen freos? Todo ó teu arredor comeza a tornarse nun circo no que ti formas parte do gran número final, o malabarista dos coitelos proba sorte có teu corpo e acerta. Por cada lanzamento, unha parte de ti decae, debilítase. Ata que finalmente, o público érguese e pisan o acelerador. O seu estrondo é máximo. Pídenlle ó artífice que remate a faena, queren alcanzar o éxtase. Tocarán o ceo mentres ti navegas no espazo do inferno.
    Non existe momento no que deixes de preguntarche por que che elixiron. Non importan as veces que pronuncias as túas oracións, os monstros seguen alí, mergullados nos regos dos teus pensamentos e trepando polos buxos que timidamente asexan e acosan o teu existir. Es un anxo sen alas, un león sen ruxidos, un cabaleiro sen espada. Es pero non es nada.
    Inspiro, tómome un tempo pero non logro bota-lo aire. Non quero que ese aire que por un momento é a única cousa neste mundo que pode ser miña, séxame tamén arrebatado, sen que a ninguén lle importe, coma se dun insignificante ser inerte tratárame. Xoguei á ruleta rusa e non fun correspondido
    Non existían para min as tardes soleadas do mes de xuño. Todo o anterior, se é que algunha vez tiven pasado, tornárase exasperante, maldicido polas confusas treboadas que anubraran a miña razón.
    Intento buscar unha explicación de todo isto. Atrapáranme aquelas concubinas que danzaban ó meu redor. Provocáranme e eu caera na trampa. Era extremadamente agradable esa emoción. Voaba sobre as súas cabezas. Alzaban as súas mans nun último intento de salvarme mais eu non ía aceptar a súa proposta. Sen pensalo dúas veces aniqueime nun maleteiro sen porta e deixei que a sarabia discorrera pola miña desgastada figura.
    Nun moi curto lapso de tempo as mazaduras do tren sen destino no que montara causaron o efecto esperado, unha perniciosa seca. Un deserto no que non se recordaban nin as chuvias nin os ventos. Todo estaba do revés pero eu non reaccionaba e seguía tirando da corda, chegando ó límite, loitando espido contra a neve conxelada.
    Era o principio do fin. Perdera tanto en tan pouco tempo que no momento no que cheguei ó epicentro do vendaval a súa inmensa forza levoume. Sen segundas oportunidades. Para sempre.
    Agora todo é escuridade. Non atopo a aquelas sílfides que conducíranme á peor condena que puidera imaxinar. Esperto no crepúsculo día tras día. Durmo ó amecer noite tras noite. A brétema envolve ós meus sentidos, os absorbe e mos devolve entre violentas lufadas.
    Xa non me atopo entre eles. A corrente levoume. Sobrevivo nunha inundación sen salvavidas, sen nada ó que agarrarme. Xa non recordan a miña silueta nos cristais. Son un ente exánime nun ceo que intenta aclarar. Non preguntes por min. Non preguntes por elas. Se ves aquel errante lóstrego, escapa. Do contrario, non poderás retirarte deste xogo de meigas.

    NOTA:9.5

  6. Lucía Álvarez dice:

    Mirei de novo polas ocos que a miña pequena célula de confinamento. Por sorte os sons que escoitara non foran de novo as pisadas que anunciaban a chegada do granxeiro. Escoitei o lonxe, como todas as mañás, as ovellas emprender o seu paseo para ir pastar polos claros de verde herba preto dos camiños. Pensei no que sería ser unha delas. Podéndome mover con liberdade, sen ter que estar confinada nun diminuto receptáculo, podendo comer toda a herba que quixese. Pero ó recordar o triste final de tal pracenteira vida asemellóuseme mellor a miña propia. Pensándoo ben o mellor sería ser un porco para poder comer todo o que se me antollase mais eles tiñan un final moi parecido ó das ovellas polo tanto apartei ese pensamento da miña mente. Una pequena abelliña pasou preto da miña célula. Detívose un momento encima do bebedeiro e, acto seguido, retomou o voo xunto cunha bolboreta que pareceu facerlle as burlas coas súas vistosas cores e o seus gráciles movementos. A carón miña se escoitou como os coellos ían espertando mentres que o galo daba o aviso de que era o momento de comezar a traballar. Para nos iso era o inicio do terror. Vacas, cabras, cabalos, patos… Todos vivían un tormento de unha maneira ou outra. No meu caso, ese mostro chamado granxeiro viña e quitábame os ovos que tanto esforzo e esmero poñía. Día tras outro a historia se repetía condenándonos a todos a vivir un tormento diario. Pero ó estar encerrada nesta pequena célula non me permitía facer nada para arranxar a miña situación e supoño que cos demais animais pasaba o mesmo. Demasiado tarde. Se escoitan unhas pisadas. O pomo do galiñeiro está xirando. A porta se abre

    MOITAS FALTAS
    NOTA:8

  7. Alexandre Paz dice:

    -Manolo, cal crees que é o problema?

    -Eu diría que o problema é do motor ou do corburador.

    -Pero ten en conta que Mariña di que empezoulle a fallar cando pasou polos baches da subida de rubiáns, así que o poderían haber provocado as suspensións ou os amortiguadores.

    -Xa, pero non sei eu si fiarme de que fora por iso, porque ten o parachoques destrozado, coma se tivera un golpe moy forte, e ten o neumático traseiro dereito, a radio e as llantas en bastante mal estado,creo que non se preocupa moito do estado do seu coche.

    -Non sei que dicirche, tróuxono aquí a arranxar, estaría esperando a que fallaran máis dunha cousa para traelo, e non andar co cohce a voltas.

    -Pois menos mal que non lle rompeu entón o acelerador, o embrague, ou aínda peor, OS FREOS¡

    -Sería unha cousa máis grabe.Oh, acábaseme de ocurrir que o problema si que podería ser cousa do motor¡

    -E porque pensas iso?

    -O fallo podería estar na buxía

    -O seu coche e Diesel, non teñen buxias.

    -Certo, que tonto fun.

    -Ao mellor estropeuse por vello, este coche todavía ten antena para a radío, leva xa un mínimo de anos en carretera considerables.

    Bueno, ti busca sen min o problema dez minutos que eu vou chamar a Mariña

    -Para que?

    -Xa que se pasa tan pouco polo taller, vou a ver se a convezo de cambiar o aire acondicionado e de poñerlle un par de bandexas con posabasos.

    HAI MOITAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA E ERROS
    NOTA:7

  8. O COCHE INFERNAL

    Noite escura, nunha beirarrúa dunha estrada agochada no medio do monte, David e Anxo no coche e eu intentando arranxar a avaría que ten o meu coche; para saber o que pasou temos que voltarmos cinco horas antes.

    -Anxo, apeteceche vir comigo e cuns amigos a pasar o día no Lago de Castiñeiras?

    Buenoooo… non teño nada mellor que facer, en dúas horas estou na túa casa, veña, vemonos.

    Aquela mañá, despois de chamar a Anxo, pasei polo taller do meu curmán David, para que lle votase unha ollada ó meu coche, polo aquel de se lle pasaba algo cando fóramos ó monte.

    -Que pasa curmán? Todo ben por aquí? Veño a que me revises o coche, que hoxe a noite imos de acampada ó monte, por certo, quéres vir?

    -Por suposto que quero, estás parvo? Déixame o coche e volve nunha hora, a ver que tal está a túa cafeteira.

    Logo dunha hora volvín ledo ó taller, pero as novas non eran boas para mín, o meu curmán tivo que cambiar o chasis que estaba tocado, o marco da roda que saeu un pouco do sitio, o filtro do aire que perdía, un dos neumáticos estaba a piques de pinchar, o parachoques dianteiro tiña un golpe interno, o radiador non deixaba pasar o aire debido para que o motor se refrixerase, o foco de luz dianteiro non alumeaba correctamente, o intermitente esquerdo non funcionaba, o capó estaba fundido, a transmisión non estaba no seu sitio, a panca de cambios non pasaba da quinta marcha, o alternador non funcionaba dende hai meses, o distribuidor de aceite tiña pouca presión e o silenciador e o tubo de escape estaba moi abaixo porque tocaban nos vados das rúas. En definitiva, tiven que pagar unha cantidade moi elevada de cartos para manter con vida o coche do meu avó.

    Anxo chegou a miña casa arredor das nove e media con David, o que me sorprendeu, pois case non se coñecían, este non é o tema, porque tres horas máis tarde estaba eu sentado no capó do coche do meu avó vendo os corpos sen vida do meu mellor amigo e do meu curmán, que non arranxou a dirección do volante porque non era esencial, nunca aprenderá.

    MOITAS FALTAS
    NOTA:8

  9. Marta Fernández dice:

    -Maruxiña, tes que entendelo, non podo facelo, vai en contra do meu traballo.
    -Mira, estou farta, parece mentira que non poda nin ir compra-lo pan por ter o coche sen arranxar tendo un marido que mo pode arranxar!
    Anxo acercase o coche do seu cliente, sen apartar a vista do golpe que ten na parte frontal, ten o parachoques e o faro dereito destrozado.
    -Anxo! É que non me vas a contestar? De verdade cando faloche pares que estás nas berzas!
    Ante a mirada impaciente de Maruxa, Anxo segue sen contestar, levanta o capó e mira se o motor está dañado, por sorte para o seu dono non ten nin un rasguño. Anxo baixa o capó e mira fixamente a súa muller.
    -Seica son mecánico, pero non podo arranxar o coche por moito que queira! A empresa non é miña!
    -Veña homiño, que só ten catro cousiñas, non é nada!
    -Que non é nada!? Non sei que lle fixeches, tería que ponerlle unha roda nova, arranxar o retrovisor, ten unha ventá rota, as marchas cálanse e ata queimache-lo motor non poñer o embrague!
    Bueno home, é o que ten ter un coche vello!
    -Non, o que ten e ter unha muller que non sabe conducir…
    Maruxa quédase perplexa ante o que o seu home acaba e dicir, a súa cara torna nunha mueca de enfado, agarra o bolso con forza e despois de darlle un forte golpe a porta do coche que Anxo estaba a mirar producindolle unha leve ralladura, dalle unha pequena patada o tapacubos da roda e marcha coa recene perplexidade de Anxo.
    -Quen me mandaría a min mercarlle un coche a esta muller!- di Anxo entre dentes mentres evalúa os danos- Por lo menos pode disimularse…

    HAI MOITSD FALTAS DE ORTOGRAFÍA
    NOTA:8

  10. Laura Sueiro dice:

    UN DÍA NO PALACIO

    Como cada 28 de xullo poñiamos rumbo a Meaño, a aldea do meus avós, para celebrar o aniversario do avó Xoán que cumpría este ano xa os seus 85. Aínda recordo cando desexaba con todas as miñas forzas que papá e mamá marchasen de viaxe para poder quedarme uns días cos meus avós naquel ‘’palacio’’ si, así o chamaba eu. Era unha casa de pedra xigante, con incontables cuartos, cheo de currunchos onde esconderse, cunha finca chea de álamos e piñeiros, tan ampla que creo que despois de 15 anos aínda non a recorrín enteira. Todos os anos, despois do manxar que tiñamos como comida, mentres os tíos e os meus pais quedaban na mesa tomando o café, os primos pequenos ían a durmir a sesta e a avoa se poñía a calcetar, eu escapábame co meu avó ao lugar,sen dúbida ,máis bonito da casa. Alí deitados na herba baixo a sombra dun sabugueiro cóntame historias da súa xuventude, de cómo conquistou a avoa Isa, dos seus tempos no servizo militar… Despois imos os dous xuntos a coller os froitos da laranxeira, do ameneiro, do limoeiro e da gran pereira que todo o ano está repleta de peras, sexa a época do ano que sexa. Aínda que a min non me gusta nada a froita, ben é verdade que as laranxas e as peras da finca dos meus avós sempre foron a miña perdición. Tamén recordo que o meu desexo desde pequena era facer unha caseta de madeira na árbore que se encontra máis lonxe da casa, aquel gran freixo, cun tronco tan grande que abrazándoo 5 persoas aínda non o rodeábamos enteiro, onde podería pasarme as tardes xogando as bonecas con Marta, a miña prima. Esa é unha das razóns polas que pasaba case todos os fines de semana alí, porque na miña casa tan so temos unha pequena figueira, un acivro e unha palmeira tan alta que non podo chegar a ver o final dela. Para rematar aquel largo e divertido día coa familia sempre chega o momento no que todos xuntos ao lado do salgueiro, nuns bancos que se encontraban baixo a vimbieira contamos anécdotas de viaxes e excursións e sobre todo é o momento no que o tío Pepe solta os seus chistes de sempre, sen graza algunha. Cando a noitiña chega, a iso das 8 e media regresamos a casa pasando por extensos montes, cheos de eucaliptos, freixos e faias xigantes que debuxan un paisaxe espectacular, a nosa Galicia.

    MOITAS FALTAS.
    NOTA:8

  11. Juan Sobrino Rodríguez dice:

    Hoxe , tras levantarse, Antonio o garda forestal tivo que ir buscar ó taller o seu coche, estropeado tras bater o dia anterior contra unha arbore das do couto onde traballa dende hai anos
    A vida no campo gustáballe moito pero o que el prefería de verdade eran os automóbiles levaba anos comprando pezas para facelo el mesmo o coche que quería, un BMW m3 de carreiras, paro aínda faltábanlle pezas para telo completo, tardaríanlle varios meses en chegar ata a súa casa. Faltábanlle as partes mais importantes: o motor, a transmisión, o volante, os asentos e os arneses destes, os pistóns do motor, a arbore de levas os amortiguadores , a panca de cambios, os espellos , os discos de freo , as zapatas de freo, o carburador, as rodas e os pedais. Antonio desexaba rematar o seu coche pero tiña que conformarse co seu vello Renault dous cabalos.

    O TEXTO É MOI CURTO
    HAI MOITAS FALTAS
    HAI ERROS DE REDACCIÓN
    NOTA:6

  12. Daniel Francisco dice:

    Era un día como outro calquera e Manuel estaba no recibidor da súa casa a piques de saír. Decatouse de que non levaba as chaves e lembrou que as deixara na cociña. Chegou á cociña e colleu as chaves, ía saír de novo da casa, abriu a porta e de socato oíu un forte ruído no comedor. Foi mirar correndo e atopouse todo desordenado: caixóns abertos e cousas tiradas polo chan, entre elas a mesa. Manuel decatouse de que entráronlle a roubar e comezou a buscar ós ladróns pola casa. O seu primeiro destino foi o faiado, pero antes, dirixiuse de novo á cociña en busca dun coitelo.
    Chegou ó faiado, pero estaba todo como de costume, así que decidiu mirar no dormitorio, desta forma, se non estaban podería chamar á policía, xa que alí era onde tiña o teléfono. No dormitorio non os atopou, pero estaba como o comedor e faltaban obxectos de valor. Chamou a policía e continuou buscando no baño, polo corredor e asomouse pola ventá do salón para ver se estaban no xardín, pero non os atopou. Despois mirou na terraza sen éxito. Baixou ó segundo piso polas escaleiras e chegou ó vestidor.
    Chegou a policía, entraron no garaxe e os atoparon, comezaron a fuxir e saltaron o cerramento que separaba a súa casa da do veciño onde a policía os atrapou na soleira.

    NOTA:9

  13. alex pombo dice:

    Ola Anxo. Acórdaste de que te dixen que dariamos unha volta co meu coche novo este sábado, pero non vai poder ser xa que o outro día, tras aparcalo na rúa mo encontrei feito unha porcallada. Apárqueo nesa rúa que está en fronte do bar ao que adoitamos ir e cando regrese me encontrei con que uns canallas non só me racharan as lamias senón que me relaran a porta dereita, o capo e o maleteiro, é dicir case todo o chasis. Tíveno que levar ao taller como te terás imaxinado. Estou que trilo, aínda que non lle viña mal, o do taller, xa que tiña que telo levado porque se me fundira o faro dereito. O mellor chego, cando intente arrancalo e descubrín que o depósito estaba baleirou, bo iso foi o colmo, tiven que chamar á grúa para que se o levase ao taller. O meu desgusto foi a maiores cando ao enganchar o, descolocáronme o gardalamas. Tras todos estes sucesos que por pouco me levan ao desespero, chegamos ao temido taller. Xa sabes como son os mecánicos, dá igual como leves o coche ou para que llo leves, sempre encontran algo máis e neste caso, a pesar de todos os males do coche, así sucedeu. Cando fun a por el, a lista de danos aumentara, o radiador, os discos de freo, o limpaparabrisas, correa do ventilador, o cambio de marchas que se bloqueara. Non te conto como vai ser a factura do taller, menos mal que o cobre o seguro que para iso pagamento un a todo risco. A verdade xa podían declaralo sinistro total. Como sabes o volante está un pouco vello e a dirección non moi equilibrada. O noso paseo queda para mellor ocasión. Un saúdo.

    MOITAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA
    HAI VARIOS ERROS DE EXPRESIÓN
    NOTA:6

  14. Lucía Vidal Domec. dice:

    Esperteime como cada noite ás 4.26 da mañá, o segundeiro do reloxo facía soar os segundos con forza. Pero, non era o único que as miñas vellas orellas oían. Abaixo, na cociña había ruidos estremecedores, que facían que os pelos do meu brazo puxéranse de punta. Baixei suxetando na miña débil e deteriorada man un coitelo. Cando asomeime á cociña o vin, un rapaz xunto ás olas, tixolas, tazas, pratos, o relador, as espátulas e o expremidor que a noite anterior sacara do lavalouzas, trataba de roubarme, a mín, unha pobre vella que non posuía nada de valor. Quixen ser silenciosa pero xa non son xoven, teño o peso de 85 anos de vida sobre miñas costas, escoitoume e cravoume un garfo por detrás. Desvanecinme no chan, sen poder levantarme, sentín como meu sangue abandoaba meu corpo. Pero, saquei as últimas forzas do meu interior, levanteime como puiden e empuxeino contra a neveira, pero el atizoume cunha bandexa na cabeza e alí quedei, tirada no chan, case sen vida. A última imaxe que viron meus ollos foron miña vella cazarola, ó cullerón e a sopeira. Meus ollos pechábanse mentres consumía o último alento que me quedaba, doiame todo, sentía o dolor dunha vida traballando para irme daquela forma, asasinada por un rapaz que ansiosamente buscaba algo que levarse á boca.

    MOITAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA.
    NOTA:8

  15. Jaime fernández calle dice:

    UNHA NOITE PARA LEMBRAR
    Todo comeza un chuvioso oito de agosto na casa do pobo dos meus avós onde veraneamos todos os veráns, foi un día espléndido non houbo nin unha gota de auga pese a estar nubrado ata que anoiteceu e unha tromba de auga empezou a caer sobre o tellado, unha chamada se fixo paso na disputa do sofá bo, era do hospital, o noso avó hospitalizado morreu, nese momento un silencio encheu o salón. Os meus pais foron o hospital e eu quédeme con a miña avoa que non podía andar ben , pero a iso da hora tomouse as súas pastillas e durmiuse. Como non podía durmir subín a escaleiras a modiño para non espertar a miña avoa pese a que nin un tornado a espertase. O chegar arriba vin a luz do faiado acendida, primeiro pensei que se a deixarían meus pais acendida, pero antes subira o baño e estaba apagada. Decidín ir a a biblioteca a por una espada da guerra civil do meu avó, cando a tiven entre as miñas mans sentinme con forzas para subir o faiado, o chegar arriba estaba baleiro e todo no seu sitio excepto unha zoa na que parecía que facía pouco se movera algún libro debido a falta de po o cal non escaseaba no faiado. Decidín apagar a luz e baixar a cocina a ver que deixarame a miña nai para cear o chegar a baixo a miña avoa estaba na mesma posición na que a deixara, pero a luz do recibidor estaba acendida, empezaba a pórme nervioso, pensei en chamar a miña avoa pero nese momento un ruído fíxome xirar a cabeza cara o dormitorio da miña avoa que estaba na planta baixa debido o seu problema nas pernas que lle impedían subir escaleiras, debido a isto decidimos facer un carto de baño e un dormitorio no lugar no que estaba o garaxe. O chegar o dormitorio con as mans sudorosas de agarrar con forza a espada vin un libro na cama, era un libro da guerra civil aberto por unha páxina que falaba dun tesouro roubado. Quen o levaría a alí e para que? Nese momento na fiestra que da o xardín interior a cal estaba embaza empezaron a escribirse unhas palabras intentando dicir algo pero o momento se embazaban outra vez, o rato parou, eu non reaccionei non sabía que facer e de súpeto un son viño da adega baixei a ver que era tiven que darlle un golpe forte a porta porque non abría o chegar abaixo vin algo que nunca había visto antes un carto que o parecer estaba detrás dunha das paredes nel había dende cadros ata xoias nunca antes había visto tantas xoias xuntas. Nese momento dinme conta de que era o tesouro do que falaba o libro, nese momento chegaron os meus pais tíñalles que ensinar todo aquilo. Sempre souben que o fixera todo aquilo era o meu avó pero nunca saberei o porque e o como.

    O TEXTO TEN MOITAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA
    NOTA: 8